O taekwondo galego acumula éxitos estatais e internacionais

As representantes do país brillan en Bulgaria e Andalucía
O taekwondo continua demostrando competición tras competición que na Galiza goza dunha extraordinaria saúde. A última proba na que os e as representantes do país demostraron o seu alto nivel foi no prestixioso Open de Bulgaria. Alí, Iván García (+87, Mat´s) e Alma Pérez (-53, Suh Sport) acadaron a medalla de ouro, mentres que Tania Castiñeira (+73, Hebe) logrou o bronce. Ademais, hai que destacar que Pablo Patiño (-68, Patiño) e Arlet Ortiz (-57, Mat´s) quedaron ás portas das medallas, logo de caer nos cuartos de final.
García subiu ao máis alto do podio con máis facilidade do previsto, pois notouse a exclusión dos deportistas rusos. Xa que logo, tan só tivo que gañar tres combates para lograr a primeira posición, superando en cuartos de final ao esloveno Partik Divokovic, nas semifinais ao serbio Mitar Maklenovic e na finalísima a un óso duro de roer, o actual subcampión olímpico Dejan Georgieski (Macedonia), unha vitoria que o catapulta entre os 16 primeiros do ránking mundial.
Alma Pérez, pola súa banda, tivo que participar en cinco combates. Primeiro impúxose á descoñecida austríaca Elif Stoyanov; despois, á romanesa Liana Musteata -subcampioa de Europa-; máis tarde, á mexicana Daniela Souza e, xa na penúltima rolda, á española Laura Rodríguez. A gran final foi contra outra mexicana, Fabiola Villegas, e logo dun combate moi axustado Alma Pérez logrou gañar no punto de ouro.
No caso de Tania Castiñeiras, a do Hebe sumou a terceira e última medalla con sabor galego logo de superar o primeiro combate contra a serbia Tepavac nun axustado 2-1. En semifinais, enfrontouse á cabeza de serie número 1, a polaca Kowalczuk, a quen non puido contrarrestar e perdeu 2-0.

A Galiza, ouro no 'freestyle' do Open de Andalucía
Lonxe de Bulgaria, en Andalucía, a selección galega conseguiu a medalla de prata no Campionato de España de Parataekwondo de Poomsae e o ouro na xeral de Freestyle do Open de Andalucía, que se disputaron en Xaén. Na primeira das probas o mérito é duplo, pois nunca antes o país galego estivo representado pola súa propia selección no torneo, mentres que no caso do Open de Andalucía tamén hai alegría extra, pois confirmou que serán 29 os galegos e galegas que participen no Mundial de Corea. (Foto: Fegato).
photo_camera O taekwondo continua demostrando competición tras competición que na Galiza goza dunha extraordinaria saúde. A última proba na que os e as representantes do país demostraron o seu alto nivel foi no prestixioso Open de Bulgaria. Alí, Iván García (+87, Mat´s) e Alma Pérez (-53, Suh Sport) acadaron a medalla de ouro, mentres que Tania Castiñeira (+73, Hebe) logrou o bronce. Ademais, hai que destacar que Pablo Patiño (-68, Patiño) e Arlet Ortiz (-57, Mat´s) quedaron ás portas das medallas, logo de caer nos cuartos de final. García subiu ao máis alto do podio con máis facilidade do previsto, pois notouse a exclusión dos deportistas rusos. Xa que logo, tan só tivo que gañar tres combates para lograr a primeira posición, superando en cuartos de final ao esloveno Partik Divokovic, nas semifinais ao serbio Mitar Maklenovic e na finalísima a un óso duro de roer, o actual subcampión olímpico Dejan Georgieski (Macedonia), unha vitoria que o catapulta entre os 16 primeiros do ránking mundial. Alma Pérez, pola súa banda, tivo que participar en cinco combates. Primeiro impúxose á descoñecida austríaca Elif Stoyanov; despois, á romanesa Liana Musteata -subcampioa de Europa-; máis tarde, á mexicana Daniela Souza e, xa na penúltima rolda, á española Laura Rodríguez. A gran final foi contra outra mexicana, Fabiola Villegas, e logo dun combate moi axustado Alma Pérez logrou gañar no punto de ouro. No caso de Tania Castiñeiras, a do Hebe sumou a terceira e última medalla con sabor galego logo de superar o primeiro combate contra a serbia Tepavac nun axustado 2-1. En semifinais, enfrontouse á cabeza de serie número 1, a polaca Kowalczuk, a quen non puido contrarrestar e perdeu 2-0. A Galiza, ouro no 'freestyle' do Open de Andalucía Lonxe de Bulgaria, en Andalucía, a selección galega conseguiu a medalla de prata no Campionato de España de Parataekwondo de Poomsae e o ouro na xeral de Freestyle do Open de Andalucía, que se disputaron en Xaén. Na primeira das probas o mérito é duplo, pois nunca antes o país galego estivo representado pola súa propia selección no torneo, mentres que no caso do Open de Andalucía tamén hai alegría extra, pois confirmou que serán 29 os galegos e galegas que participen no Mundial de Corea. (Foto: Fegato).

O taekwondo continua demostrando competición tras competición que na Galiza goza dunha extraordinaria saúde. A última proba na que os e as representantes do país demostraron o seu alto nivel foi no prestixioso Open de Bulgaria. Alí, Iván García (+87, Mat´s) e Alma Pérez (-53, Suh Sport) acadaron a medalla de ouro, mentres que Tania Castiñeira (+73, Hebe) logrou o bronce. Ademais, hai que destacar que Pablo Patiño (-68, Patiño) e Arlet Ortiz (-57, Mat´s) quedaron ás portas das medallas, logo de caer nos cuartos de final.

García subiu ao máis alto do podio con máis facilidade do previsto, pois notouse a exclusión dos deportistas rusos. Xa que logo, tan só tivo que gañar tres combates para lograr a primeira posición, superando en cuartos de final ao esloveno Partik Divokovic, nas semifinais ao serbio Mitar Maklenovic e na finalísima a un óso duro de roer, o actual subcampión olímpico Dejan Georgieski (Macedonia), unha vitoria que o catapulta entre os 16 primeiros do ránking mundial.

Alma Pérez, pola súa banda, tivo que participar en cinco combates. Primeiro impúxose á descoñecida austríaca Elif Stoyanov; despois, á romanesa Liana Musteata -subcampioa de Europa-; máis tarde, á mexicana Daniela Souza e, xa na penúltima rolda, á española Laura Rodríguez. A gran final foi contra outra mexicana, Fabiola Villegas, e logo dun combate moi axustado Alma Pérez logrou gañar no punto de ouro.

No caso de Tania Castiñeiras, a do Hebe sumou a terceira e última medalla con sabor galego logo de superar o primeiro combate contra a serbia Tepavac nun axustado 2-1. En semifinais, enfrontouse á cabeza de serie número 1, a polaca Kowalczuk, a quen non puido contrarrestar e perdeu 2-0.

A Galiza, ouro no 'freestyle' do Open de Andalucía

Lonxe de Bulgaria, en Andalucía, a selección galega conseguiu a medalla de prata no Campionato de España de Parataekwondo de Poomsae e o ouro na xeral de Freestyle do Open de Andalucía, que se disputaron en Xaén. Na primeira das probas o mérito é duplo, pois nunca antes o país galego estivo representado pola súa propia selección no torneo, mentres que no caso do Open de Andalucía tamén hai alegría extra, pois confirmou que serán 29 os galegos e galegas que participen no Mundial de Corea.

Comentarios