A selección galega de balonmán enfrontarase a Marrocos esta fin de semana en dous amistosos

A selección absoluta competirá contra a equipa africana no Rosal e Cangas. Pillo (Frigoríficos do Morrazo) e Quique Domínguez (Teucro) son os dous adestradores do combinado galego.

A selección galega absoluta de balonmán olverá xogar ante o seu público neste Nadal, segundo informa a Federación Galega de Balonmán. Esta fin de semana (días 26 e 27 de decembro) disputará dous encontros amigábeis contra Marrocos, un no Rosal e outro en Cangas. Os seleccionadores serán os dous adestradores galegos nos clubes da Liga Asobal, Pillo (Frigoríficos do Morrazo) e Quique Domínguez (Teucro), e nas convocatorias hai deportistas de clubs galegos e outros que están a xogar fóra como Javi Díaz, Roberto Sánchez, Víctor Frade, Tomás Moreira ou Rubén Río.

O primeiro partido disputarase o sábado 26 de decembro (20:00 horas) no pavillón do Rosal. Este encontro está incluído no programa de actos previsto para celebrar o 40 aniversario do Acanor Atlético Novás. Ao día seguinte (27 de decembro) Galicia e Marrocos xogarán no Gatañal, a partires das 18:00 horas.

Comentarios