O xamaicano Rojé Stona fixo enmudecer esta cuarta feira o Stade de France cando no seu cuarto intento lanzou o disco a unha distancia de 70 metros exactos que lle valeu un récord olímpico, superando por 11 centímetros o anterior rexistro, que lograra en Atenas 2004 o lituano Virgilijus Alekna... o pai, precisamente, do lanzador que chegaba á final como gran favorito, Mykolas Alekna, logo de se converter este mesmo ano en plusmarquista mundial cun 74,35 difícil de mellorar.
Alekna tamén bateu esta cuarta feira o anterior récord do seu pai nuns Xogos, pero foi insuficiente, por apenas tres centímetros, para facerrse co ouro que finalmente levou Stona. O bronce foi para o australiano Matthew Denny (69,31).