O piragüismo galego está entre os candidatos ao Campionato estatal

A saída dunha das probas do Campionato estatal de 5000 metros, o ano pasado en Sevilla. (Fuente: RFEP)
O 13 e o 14 de marzo as augas do Guadalquivir, no seu tramo que pasa por Sevilla, acollerán unha nova edición do Campionato estatal de inverno de piragüismo e hai varios deportistas galegos candidatos a podio e título. 

Hoxe e mañá, as augas do Guadalquivir, no seu tramo que pasa por Sevilla, acollerán unha nova edición do Campionato estatal de inverno de piragüismo. A competición contará coas categorías xuvenil, Sub-23 e sénior. As probas desenvolveranse sobre a distancia dos 5.000 metros con ciabogas. A competición ademais terá un aliciente especial, xa que as probas servirán como selectivo para o 5.000 sen porteos que se disputará no europeo de Montemor O-Velho


O club que terá unha maior representación no número de participantes será As Torres Romaría Vikinga, con 16 integrantes, entre os que se encontran nomes como o de Fernando Busto ou Raúl Fernández, que aspiran a subir ao podio das súas respectivas categorías.  O Breogán do Grove acudirá con trece padexeiros, entre os cales se encontran os húngaros que adestran co club. As súas primeiras espadas, os piragüistas Tono Campos e Diego Romero, así como a kaiakista Tania Álvarez, que aspiran a pelexar por alcanzar algún podio. 


Pontecesures estará presente en Sevilla cun total de sete padexeiras e padeixeiros entre os que está Nerea Novo, que logrou dar un gran papel nos selectivos celebrados en Trasona a pasada semana, mentres que O Muíño presentarase con seis, destacando a presenza dos piragüistas Manuel Fontán, Adrián Sieiro e Lara Remigio. O primeiro deles foi un dos grandes triunfadores dos selectivos de Trasona, ao vencer na  proba do C-1 500 e rematar na segunda praza da proba olímpica de 1.000 metros. Nas dúas logrou un billete internacional. 


Por último, tamén participarán representantes do Piragüismo Illa, que acudirán con até cinco padexeiros.  Fóra da comarca arousá, que é a que conta con maior representación, tamén asistirá o Fluvial de Lugo, que destaca pola participación da kayakista Lucía Tenreiro.  Por outra parte, tamén asistirá o Piragüismo Poio, coa destacada representación da piragüista grovense Valeria Oliveira.

 
A competición no aspecto masculino ten un claro candidato que é o talaverán Paco Cubelos, que logrou proclamarse campión desta competición un total de seis veces e que este ano terá como gran rival Walter Bouzán. Cubelos chega nunha gran dinámica tras proclamarse campión no selectivo na distancia do 1.000 e loitará agora polos 5.000. 


No apartado das canoas a competencia é maior e súmanse varios representantes de clubs galegos aos prognósticos, como son Tono Campos ou Adrián Sieiro, que tratarán de evitar que Noel Domínguez revalide o seu título do ano pasado. Por outra parte, Estefanía Fernández é a clara favorita para este campionato xa que a kayakista é a campioa do mundo en 5.000 metros en augas tranquilas. Malia, a gran dificultade, os clubs galegos tamén entran nos posíbeis candidatos con nomes como Lucía Tenreiro que vén nun gran momento. ç

María Corbera


No apartado das canoas, a campioa María Corbera, que leva dominando a disciplina nesta competición desde 2018, terá que pelexar polo ouro contra nomes importantes como Valeria Oliveira ou Nerea Novo que vén de demostrar o seu nivel nos selectivos de Trasona.  A competición desta fin de semana acollerá os mellores nomes do presente e do futuro do piragüismo galego e servirá para que poidan medirse contra os mellores a nivel estatal.