venres 24/09/21

O Parrulo recibe Palma Futsal no II Trofeo Cidade de Ferrol

A contenda disputarase na Malata esta cuarta feira ás 20.30 horas
Os galegos caeron a pesar de chegar a ir gañando 2-0. (Foto: O Parrulo).
O Parrulo estará a proba cun rival de alto nivel. (Foto: O Parrulo).

O Parrulo Ferrol presentase esta cuarta feira ante a súa afección ás 20.30 horas no Pavillón da Malata ante un rival de alto nivel, como é o Palma Futsal, e todo no marco da segunda edición do Trofeo Cidade de Ferrol.

Este será o primeiro partido do Parrulo diante da súa afección, logo dos disputados nas últimas semanas ante SD Xove e CD Lugo Sala. 

Trátase dunha boa oportunidade para continuar medrando sobre a pista e probarse ante a próxima estrea ligueira na Segunda División, que será o vindeiro 11 de setembro ante o Bisontes Castellón.

Pola súa banda, o Palma Futsal empezou nos últimos días coa súa pretempada arrancando a súa tradicional xira por terras galegas con este partido, sendo este o seu segundo choque amigábel, logo do disputado o pasado sábado ante o seu conxunto filial, o ETB Hidrobal Calviá, que nesta campaña tamén militará na Segunda División.

Con respecto á presenza de público, a escuadra da Cidade Departamental informou de que o Pavillón da Malata aínda terá a súa capacidade "limitada".

Por iso explicou que, no caso de que aínda queden dispoñíbeis no día de mañá, poderán adquirirse no despacho de boletos desde unha hora antes do inicio do encontro, ás 19.30 horas, por un prezo de cinco euros para as maiores de 16 anos, dous para as menores de 16. 

O Burela bota a andar

O Pescados Rubén Burela masculino, que milita na máxima categoría, anunciou que o seu primeiro compromiso de pretempada será o vindeiro sábado, 28 de agosto, ante o Rodiles Sport asturiano no marco do Memorial Pablo Cortina-José Huerta de Villaviciosa.

comentarios