O empate do Valladolid deixa Celta e Depor máis perto de primeira

Herculinos e vigueses ocupan os dous postos de ascenso directo

O Valladolid empatou co Hércules (1-1), un resultado que outorga ao Celta o segundo posto na clasificación de segunda división (empatado a 72 puntos co Valladolid) á vez que aumenta a distancia dos coruñeses cos seus máis inmediatos seguidores a 7 puntos. Xa que logo, Depor e Celta volven depender de si propios para gañar o ascenso a primeira.

Cómpre lembrar que esta última xornada o Deportivo venceu ao Numancia (0-3), e o Celta venceu ao Alcorcón.

Comentarios