Fútbol

Nova casa para o compostelán Borja Iglesias e o ex deportivista Ian Mackay

O 'Panda' xogará en Alemaña, e o meta, en Elda.
Borja Iglesias e Ian Mackay. (Fotos: Europa Press | RC Deportivo)
photo_camera Borja Iglesias e Ian Mackay. (Fotos: Europa Press | RC Deportivo)

Un dos xogadores galegos que máis deu que falar neste mercado invernal —que baixará definitivamente a persiana o próximo 31 de xaneiro ás 00.00 horas da noite— foi Ian Mackay, que saíu pola porta de atrás do Real Club Deportivo coa carta de liberdade hai dúas semanas.

Agora, o porteiro de 37 anos de idade, que a pesar da súa veteranía aínda conta cun bo cartel, confírmao asinando por un equipo que milita nunha categoría superior ao branquiazul, o Eldense. No conxunto alacantino, que o pasado xuño lograba un ascenso a Segunda que se lle resistira durante os últimos 60 anos, podería achegar estabilidade a un posto que xa ocuparon tres futbolistas distintos no que vai de campaña.

O Panda, ao Leverkusen

Pola súa parte, outro galego con ampla experiencia, Borja Iglesias, deixará o Betis para vivir a súa primeira aventura lonxe do fútbol español aos seus 31 anos. Contra prognóstico, pois o Panda apenas estaba contando con oportunidades esta tempada, fará as maletas para xogar de aquí a final de ano no líder da Bundesliga alemá, o Bayer Leverkusen de Xabi Alonso.

Comentarios