Noite máxica dun Celta que volve asustar os seus rivais en Europa: tres goles e portaría a cero ante o Dinamo Zagreb
Comezou ben o partido para o Celta, continuando a boa dinámica coa que chegaba ao encontro de Europa League contra o Dinamo Zagreb, tanto que no minuto tres un magnífico balón filtrado por Iago Aspas acabou nun control na frontal de Pablo Durán, quen bateu o porteiro cunha pelota ao pau curto. O conxunto vigués adiantábase en Croacia.
De gatillo rápido. 𝑫𝒆𝒔𝒆𝒏𝒇𝒖𝒏𝒅𝒂. Dispara y para dentro.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) November 6, 2025
🪄🩵 Pablo Durán convierte en gol la asistencia de @aspas10 y pone por delante al @RCCelta en Zagreb. (0-1)#UEL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/jZPpqYjgV3
E apenas un minuto tras ser reiniciado o xogo, case mete o Celta o segundo. Balón ao espazo para El-Abdelaoui, que tras unha mala saída do porteiro croata tiña todo ao seu favor, mais picou mal un balón que se foi moi desviado.
Mais nunca é sinxelo gañar na competición continental, e pouco a pouco o Dinamo levantouse do golpe e intentou controlar o balón, o que propiciou que os dous equipos fosen intercambiando novas ocasións. Con todo, o Celta seguía sen sufrir durante os primeiros compases do partido.
E neste contexto, non fixo falta chegar á media hora de xogo para a chegada do segundo gol vigués nunha extraordinaria xogada de Bryan Zaragoza. O extremo do Celta realizou un magnífico quebro para irse do lateral e internarse na área croata, desde onde lanzou un centro tras apurar a liña de fondo. O balón, despois de golpear un defensa, colouse na portaría cando xa esperaba Durán para empurralo. Sergi Domínguez marcaba en propia o segundo do equipo galego.
Un @RCCelta lanzado a por la victoria. 🩵🎯
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) November 6, 2025
𝑪𝒐𝒏𝒕𝒓𝒂𝒈𝒐𝒍𝒑𝒆 𝒅𝒆 𝒍𝒊𝒃𝒓𝒐 para encarrilar el triunfo en Zagreb. #UEL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/bNToyW6VqP
Tívoa o Dinamo pasando o minuto 40, mais a pesar da baixa de Radu, había porteiro no marco celeste. Iván Villar foi quen de desviar un tiro moi duro e moi perigoso de Kulenovic que rematou golpeando contra o pau. E tras o susto chegou unha contra vertixinosa do Celta. Aspas mandou un balón ao espazo para Zaragoza, quen lanzou un centro raso e preciso a Durán, que marcou o seu segundo gol. 0 a 3 para o conxunto vigués ao descanso.
Iago Aspas non defrauda
A segunda metade continuou como a primeira, cunha verdadeira exhibición futbolística de Iago Aspas repartindo xogo como se fose un camareiro nun local de cócteis, unha vez máis o de Moaña víndose arriba nas ocasións especiais. Destacaron nos primeiros minutos dous balóns do capitán, un a Pablo Durán ao espazo que case deixa o dianteiro só e outro a Zaragoza que foi invalidado por unha xusta posición ilegal do extremo.
Pablo Durán Fernández.
— Celta (@RCCelta) November 6, 2025
Dobrete.
UEFA Europa League.
💗 BRU-TAL 💗 pic.twitter.com/po4NeFgPor
Aos dous terzos de xogo e cun Celta dominante do xogo, introduciu o adestrador do conxunto vigués as primeiras rotacións. Así, pouco despois do minuto 60 entraban no terreo de xogo Borja Iglesias e Jutglà, deixábano o bigoleador Pablo Durán e o máis desequilíbrante da noite, Bryan Zaragoza.
Xa no minuto 75 chegaron dous trocos máis, entraban Yoel Lago e Damián Rodríguez por Starfelt e Fran Beltrán. O Celta estaba sendo quen na segunda parte, sabedor da súa vantaxe e pensando tamén no intenso calendario que ten por diante e no difícil encontro de Liga contra o Barcelona, de contemporizar o encontro evitando a xeración de perigo por parte do Dinamo.
Xa chegando ao final do encontro conseguiron os de Zagreb xerar algo de perigo con disparos lonxanos contra a portaría dun Celta que non sufría. O máis complicado para Iván Villar chegou cun tiro de falta de Stojkovic, mais o gardameta galego demostrou que Radu ten un compañeiro para cubrilo.
🏁 𝗙𝗜𝗡𝗔𝗔𝗔𝗔𝗟 con 𝗩𝗜-𝗧𝗢-𝗥𝗜𝗔! ✅
— Celta (@RCCelta) November 6, 2025
🔥 Tres PUNTAZOS nun estadio moi complicado para seguir escalando na clasificación europea 📈#GNKDinamoCelta ⋄ #EuropaLeague pic.twitter.com/MAICn2triL
Tivo Miguel Román a oportunidade de gozar de cinco minutos máis o desconto, saía do campo Hugo Sotelo. E pouco máis que contar dun Celta que cos deberes máis que feitos pensaba na vindeira xornada de Liga. O equipo vigués volve asustar en Europa.