ATÉ AS NUBES

No Annapurna, un 8.000 do Himalaia, xa ondea a bandeira galega

O montañista Sechu López é o primeiro galego en facer cumio nesa montaña nepalí

Sechu López logrou o domingo, ás 17:15 hora galega, facer cumio no Annapurna, unha das 14 montañas que no mundo superan os 8.000 metros de altitude. E fíxoo sen oxíxeno artificial, toda unha proeza e un exemplo de loita e superación. O Annapurna, xunto co mítico K2, está considerado un dos oitomil máis perigosos. É, aliás, o que menos ascensións ten. Datos todos eles que non fan máis que reforzar a importancia do alcanzado por Sechu López. 

Deste modo, o montañeiro galego coroou con éxito o seu proxecto, que botou a andar a finais do pasado mes de marzo, coa saída de Vigo da expedición. Porén, aínda queda outra parte perigosa e non exenta de risco, como é o descenso. Non obstante, a experiencia e valentía de López de certo que fará que todo acabe ben. López é membro do Clube de Montañeiros Celtas, entidade que presidiu de 2002 a 2006.

Comentarios