As naves galegas non poden con Xixón na Semana Abanca

Vigo e Sanxenxo acompañan no podio ao 'Astur'
A tripulación do Náutico da cidade olívica posa cos seus galardóns. (Foto: Manuel Pedro)
photo_camera A tripulación do Náutico da cidade olívica posa cos seus galardóns. (Foto: Manuel Pedro)

O Real Club Astur de Regatas de Xixón, cunha tripulación composta por Raquel García Monteagudo, Marta Duran Cardeli, Covadonga Fernandez Diez, Carmen Ayuela Ronzon, Carmen Simal Veira, Marta Suarez Calvo, Raquel García Monteagudo e Elena Quevedo  Pasarin proclamouse vencedora da Regata Isabel Zendal-Gran Premio Concello da Coruña de tripulacións femininas, na que competiron dez clubs e institucións no marco do calendario da Semana Abanca

Con respecto á representación galega, o Real Club Náutico de Vigo -que formou con Paula Gonzalez Esteban, Paloma Gonzalez Esteban, Marta Torres Gestal, Estrela Campos Rodriguez e Patricia Saez Borreguero- subiu ao segundo chanzo do podio. 

Foi bronce un Real Club Náutico de Sanxenxo que navegou con Paula da Rocha Iglesias, Sofia Martinez-Almeida Cuiña, Clara Vaquerizo, Irene Maria Martinez-Almeida e Paloma Martinez De la Riva.

A ría da Coruña e a meteoroloxía contribuíron con ventos de 12 nós de compoñente sur que facilitaron a tarefa das xuízas e permitiron completar con rapidez e sen problemas as cinco mangas previstas, nas cales as deportistas de Xixón e de Vigo lograban senllas vitorias, mentres que a quinta foi para as de Sanxenxo.

O Gran Premio Deputación da Coruña de RemoMar, será xa o 12 de novembro

Así, no cómputo total o Astur de Regatas de Xixón totalizou 14 puntos -catro primeiros, dous segundos e dous terceiros, rexeitando un cuarto- e o Náutico de Vigo tivo só un punto máis, 15 -catro primeiros, dous segundos, un terceiro e un cuarto que descartou-, polo que as asturianas gañaban ás galegas por un único punto de diferenza, o que dá idea da tremenda igualdade da competición.

Outro tanto aconteceu na loita polo bronce, pois o Náutico de Sanxenxo sumou 17 puntos -tres primeiros, tres segundos e dous cuartos, dos que dun deles prescindiu- e as anfitrioas do Náutico da Coruña alcanzaron a cifra de 18, produto de dous primeiros, dous segundos e catro terceiros.

O próximo acto da Semana Abanca, o Gran Premio Deputación da Coruña de RemoMar, será xa o 12 de novembro, e ten previsto congregar na ría de Betanzos numerosos clubs do Cantábrico, Portugal e o Mediterráneo para ser da partida na derradeira proba da Liga Española de Futuro Remo Olímpico.

Comentarios