O ascenso de Meira á ACT evita a soidade de Cabo na representación da Galiza na elite das traiñeiras

A traiñeira de Meira (Foto: Aitor Arrizabalaga / ACT)

Impúxose este domingo en Portugalete na segunda xornada do play off após ficar segunda na primeira quenda, este sábado en Bermeo.

Cabo de Cruz non estará soa representado a Galiza na vindeira tempada da ACT, a liga na que están as 12 mellores traiñeiras e que reúne á elite do remo.

O descenso de Ares abría a posibilidade a que a presenza galega nesa liga se reducise ao mínimo, coa embarcación da beira norte da ría de Arousa como única valedora do remo galego.

Cabo e Meira, pois, volverán coincidir na elite do remo para representar a Galiza. Unha liga composta por 12 traiñeiras e na que os vascos manteñen a hexemonía, con 10. Nin cántabros nin asturianos son quen desde hai anos de estar presentes na ACT

Mais non foi así e Meira logrou conquistar un posto nesa competición após atinxir unha das dúas prazas en disputa no play off que se disputou en Bermeo e Portugalete. A outra praza foi para os bizkaitarras de Lekeitio.

Unha mágoa que Bueu -tamén competindo por un posto- non lograse clasificarse. Eles, San Pedro e Pedreña foron as outras tres embarcacións que disputaron os play off, mais sen lograr ascender a ACT.

Cabo e Meira, pois, volverán coincidir na elite do remo para representar a Galiza. Unha liga composta por 12 traiñeiras e na que os vascos manteñen a hexemonía, con 10. Nin cántabros nin asturianos son quen desde hai anos de estar presentes na ACT.

E esta fin de semana tamén se fechou a tempada da ACT deste ano, conquistada por Urdaibai Bermeo, que se impuxo á traiñeira de Hondarribia. Cabo finalizou oitava.