Meira mete a bordo a primeira regata da Liga Galega de Traiñeiras 2018

Samertolameu conquista a bandeira de Baiona, por diante de Ares e Bueu. Náutico de Ribeira imponse na categoría feminina. Esta tempada compiten un total de 26 embarcacións entre as tres categorías.

traiñeira samertolameu de meira
photo_camera A traiñeira de Meira nunha foto de arquivo.

Meira viaxou a Baiona, onde ía decorrer a primeira regata da tempada 2018 da Liga Galega de Traiñeiras, cunha idea clara: defender o seu título de campioa da LGT na tempada pasada. Iniciar esta campaña 2018 como acabou a anterior, gañando. E logrou ese obxectivo.


 

Baiona acollía, após 30 anos de seca, unha regata de traiñeiras. Até alí se desprazaron as 26 embarcacións que este ano compiten nas tres categorías ou divisións da Liga galega: A, B e Feminina.


 

Meira impúxose, marcando un tempo de 18:46:41, sacando case 5 segundos ao segundo clasificado, o barco de Ares, un club que nestes anos está a rendir a un nivel impresionante e que ninguén desbota como serio aspirante a conquistar o título. Terceiros, completando o podio, Bueu, unha embarcación a seguir de cerca.


 

Na categoría B Muros foi a triunfadora (19:32:61), impoñéndose ás outras grandes favoritas, como Cabo de Cruz B e Perillo. Na diivisión feminina o Náutico de Ribeira impúxose sen discusión sobe as outras catro competidoras: Marcou un tempo de 10:17:50, sacando 10 segundo ás de Cabo.

Comentarios