Zaragoza-Lugo (0-2)

O Lugo asina a súa primeira vitoria a domicilio

[Imaxe: Liga 1,2,3] Os xogadores do Lugo celebran un dos goles

O Lugo selou a súa primeira vitoria a domicilio esta temporada, ao vencer por 0-2 ao Zaragoza, grazas aos goles de Pita e de Dongou.

Gran partido do Lugo na Romareda ante un dos clubes grandes da segunda división que comezou co claro dominio dos homes de Javi López nos primeiros quince minutos.

 

O primeiro en avisar foi Cristian Herrera cun man a man que o porteiro local abortou, mais ao pouco Pita asinaba un dos tantos da temporada. Aproveitou que o porteiro arxentino estaba adiantado e golpeou o esférico dentro das redes desde o círculo central.

 

O gol de Pita deulle ao Lugo máis azos e máis ocasións de gol, nos pés de Cristian Álvarez, de Dongou e de Iriome.

 

Após o descanso, o Zaragoza dispuxo dunha clara ocasión mais quen conseguiu mover o marcador volveu ser o Lugo, con Dongou, que pelexou até o último balón. Aproveitou a xogada iniciada por el propio e que pasou por un disparo de Cristian Herrera despexado polo porteiro local para, no rexeitamento, marcar o segundo.

 

Os galegos foron quen de xestionar os tempos do partido e lograron finalizar coa portería a cero. O próximo obxectivo: o Mallorca no Anxo Carro.



Zaragoza: Cristian, Benito, Grippo, Verdasca (Aguirre, min 76), Lasure, Zapater, Javi Ros, Buff (Papunashvili, min 46), Pombo, Marc Gual (Soro, min 67) e Álvaro

 

Lugo: Juan Carlos, Leuko, Vieira, Josete, Kravets (Jose Carlos, min 62), Iriome, Pita (Azeez, min 78), Seoane, Aburjania, Dongou e Herrera (Campillo, min 69)

 

Goles: 0-1, min 22: Carlos Pita. 0-2, min 56: Dongou.