Balonmán

A Liga Guerreiras xa ten calendario

O Porriño e Guardés arrincan fóra da casa.
Ataque do Guardés nun partido de liga. (Foto: Sportcoeco)
photo_camera Ataque do Guardés nun partido de liga. (Foto: Sportcoeco)

Balonmán O Porriño e Atlético Guardés xa coñecen o seu calendario de cara a tempada 2023/24 dunha Liga Guerreiras que de novo adoptará o formato regular de 12 equipos enfrontándose a dúas voltas, cunha pos tempada estruturada nun play-off polo título entre os oito primeiros clasificados e un play-out para eludir o descenso entre os catro últimos.

No caso da escuadra guardesa, comezará a súa andaina no torneo o 2 de setembro visitando o Beti-Onak de Villaba (Nafarroa). Tamén arrancará lonxe da súa casa O Porriño, pois terá que desprazarse até as Canarias para xogar contra o Rocasa o 2 de setembro.

Con respecto aos derbis galegos, o primeiro deles será o 4 de novembro no Municipal porriñés (xornada 10), mentres que o segundo está programado o 16 de marzo na Sangriña.

Comentarios