domingo 20/09/20

O Liceo valora deixar a Liga española e xogar en Portugal

“Se existise a oportunidade de ir a Portugal, estudiariámola detidamente”.

Liceo Hóckey
Liceo Hóckey

A decisión da Federación Española de Patinaxe de dar por finalizada a tempada e dar o título de campión ao Barcelona caeu como unha bomba no Liceo Hóckey da Coruña, que estuda mesmo a posibilidade de xogar en Portugal se hai posibilidade para iso, abandonando a Liga española.

O HC Liceo é o única equipa non catalá que compite na máxima categoría do hóckey no Estado español. A decisión da Federación, entenden, é “precipìtada” e vai contra o acordado na Asociación de Clubs.

Segundo o directivo do Liceo Antón Baldomir explicou a EFE, están a estudar como competir na vindeira tempada. Lembra que o club coruñés parte con desventaxe de ter que desprazarse a Catalunya para xogar todos os partidos a domicilio.

Liceo é partidario de, no caso de se organizar 2 grupos de 8 equipas na máxima categoría, un cos que teoricamente son os mellores, dos que 6 accederían ao play off do título, e outro do que procederían 2 equipas para desputar a final.

En paralelo, o Liceo incluso está disposto a marchar da Liga española e xogar en Portugal se existe posibilidade. “Se hai esa oportunidade,estudiariámolo moi detidamente”, dixo o directivo.

comentarios