O Liceo, firme candidato á OK Liga

Os de Juan Copa non fallaron e venceron os cataláns do Mataró (2-0), logrando a súa cuarta vitoria en catro partidos e afianzando o seu liderado na OK Liga.

O equipo máis laureado da Galiza soña cun novo título. (Foto: Mónica Arcay).
photo_camera O equipo máis laureado da Galiza soña cun novo título. (Foto: Mónica Arcay).

Unha frase moi empregada no mundo da mercadotécnia é "o difícil non é chegar, senón manterse".

O Liceo conseguiu alcanzar a cima derrotando a pasada semana o Barcelona no gran clásico do hóckey estatal.

Non obstante, un tropezón contra o Mataró faría que a fazaña ante o todopoderoso Barça non servise para nada.

Mais os de Juan Copa non fallaron e venceron os cataláns (2-0), logrando a súa cuarta vitoria en catro partidos e afianzando o seu liderado na OK Liga.

Adiantáronse no minuto 8 grazas a un tanto de Jordi Adroher, que colocou o 1-0 tras aproveitar unha bóla solta na área defendida por Sergi Grané, un dos mellores porteiros da competición.

O segundo e definitivo gol chegaría aos 22 minutos de partido da man de César Carballeira, en pleno acoso galego sobre a portaría catalá.

Comentarios