mércores 26/01/22

Lendoiro: “Case todos os partidos de final de temporada estaban amañados dun xeito ou doutro"

O presidente do Deportivo asegura que o club coruñés “nunca quixo entrar en amaños” mais dixo estar convencido de que estes existen na Liga española

Lendoiro

Lendoiro falou. E moi clariño: "O Deportivo non participou nunca, nin os seus xogadores, e poño a man no lume, nin a súa directiva quixeron entrar en ningún tipo de amaño, mais todos sabemos o que aconteceu durante estes anos. Case todos os partidos de final de temporada estaban amañados dun xeito ou doutro".

O presidente do equipo coruñés insistiu “nos resultados chamativos que se veñen dando” na recta final de cada campionato, nunhas declaracións a rebufo da polémica acaecida en torno o partido Levante-Deportivo (0-4). Lendoiro incluso sinalou a “presidente dalgunha comunidade autónoma” como implicados neses amaños para que non descendesen os equipos do territorio.

Xa no que respecta á situación económica do club, Lendoiro afirmou: "creo que sairemos desta situación como saímos doutras moitas".

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Lendoiro: “Case todos os partidos de final de temporada estaban amañados dun xeito ou...
comentarios