Kontxa 2018: Cabo e Náutico de Ribeira ao asalto do Olimpo das traiñeiras

Os de Cabo de Cruz volven á Olimpíada do banco fixo após catro anos. As rapazas de Ribeira marcaron o mellor tempo na clasificatoria, por diante das grandes favoritas (San Juan).

 

cabode cruz traiñeira
photo_camera Cabo de Cruz.

Cabo de Cruz, en homes; e Náutico de Ribeira, en mulleres, van ser a representación galega nesta edición da regata da Kontxa, a coñecida como Olimpiada do Remo, unha proba que vén desputándose na Bahía donostiarra desde 1879 na categoría masculina e dende 2008 en feminina.

preview_m

As rapazas do Náutico deron a sorpresa na clasificación que se realizou esta quinta feira ao marcar o mellor tempo, por diante das grandes favoritas (San Juan). Embora saír as primeiras (a proba e contrareloxo) e non ter referencia dos tempos, callou unha regata soberbia, na que souberon marcar un alto ritmo. Agora tentarán manter o nivel nunha final á que tamén chegan, para alén de San Juan, Orio, Arraun Lagunak, Kaiku, Hibaika, Tolosaldea e a Donostiarra

Cabo de Cruz volve á Kontxa após catro anos de ausencia. Logrou meterse entre os 7 primeiros (marcou o quinto mellor tempo) que garanten a presenza nesta competición. Foi a única das embarcacións galegas que foi quen de se clasificar. Competirá pola bandeira con Urdaibai, Orio (vixentes campións), Ziérbana, Hondarribia, San Pedro, Santurtzi e a Donostiarra. O reto de Cabo non é pequeno: traer pro primeira vez ese título para Galiza. Algo que xa fixeron as mulleres en cinco ocasións.

Comentarios