Inquietante derrota do Celta en Balaídos

Un certo fatalismo persegue o Celta. A equipa de Herrera cede 3 pontos valiosísimos en Balaídos, perante un dos grandes da categoría, o Valencia. A derrota ancora os vigueses na zona letal da táboa.

O Celta cedeu un ponto fronte o Valencia no minuto 93 (gol de Valdez), o que retrata o estado da equipa, tan depresivo como deprimente. Dá toda a sensación de que os de Herrera xa non acreditan no que fan. A achega de Orellana mellorou algo as prestacións ofensivas do combo vigués, mas non tanto como para furar a baliza contraria.

Ten pinta, ademais, de ser das derrotas que deixan secuelas psicolóxicas: hai poucas cousas no fútebol que danen máis a autoestima do que perder no desconto cando unha equipa xa mora na zona de descenso.

Derrota do Lugo

Por súa parte, o Lugo tampouco saiu airoso do seu compromiso, desta volta no Anxo Carro fronte o Sporting de Gijón. Os galegos caíron tamén por 0-1.

Deportivo-Granada

O Deportivo de Paciência é a estas horas a única baza da que dispón o fútebol galego de elite para sumar pontos nesta xornada. Novo partido a vida o morte para a equipa coruñesa, fronte a un Granada moi reforzado no mercado de inverno. Comezará as 22 horas.

Calquer resultado distinto á vitoria deixaría os branco-azuis praticamente xa sen opcións de salvar a categoría.

Comentarios