Historia inacabada do deporte galego: "O fogar do Balón de Ouro"
O fútbol é a única fe do país que non ten nin conversos nin apóstatas, pois, como dicía Eduardo Galeano, "unha persoa pode cambiar de parella, de partido político e mesmo de relixión, pero endexamais pode cambiar de equipo de fútbol". Esa crenza inquebrantábel nunhas cores, xa sexan as branquiazuis do Dépor, a celeste do Celta ou a albivermella do Lugo, por destacar algunhas das principais escuadras da Galiza, son o xermolo da paixón por un deporte que viu medrar figuras de talle planetario como Luis Suárez, Amancio, Pahiño, Acuña, Fran, Míchel Salgado, Iago Aspas ou Angeliño.
Din os fríos datos que as principais industrias galegas son a téxtil, a automobilística e a alimentaria, pero iso é porque as estatísticas non teñen modo de cuantificar o peso da Galiza como fábrica…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.