Galiza presenta 21 deportistas no Europeo de Sprint Júnior e Sub-23
Galiza voltará ser protagonista internacional do piragüismo cunha delegación de 21 deportistas que estarán no Campionato de Europa de Sprint Júnior e Sub-23, que decorrerá do 3 ao 6 de xullo en Pitesti (Romanía). Padexeiras e padexeiros do país competirán en 26 probas ao longo do programa oficial.
Comezará Héctor Vázquez na serie 2 do C1 1.000 junior (08.58 horas). Despois competirá Pedro Torrado (09.47 horas) na serie 2 do C1 1.000 sub-23. A seguinte será Yaiza Novo que participará na serie 1 do K1 1.000 sub-23 (09.54 horas).
Os seguintes serán Javier Cid e Darío Sánchez en C2 1.000 (10.22 horas), seguidos de Iago García e Víctor Pzarro en K2 1.000 sub-23 (10.43 horas), Silvia Gago en C1 500 júnior (11.15 horas), Natalia Moreira en K1 500 (11.30 horas) para rematar pola mañá Claudia Couto en C1 500 (12 horas), Raúl Fernández en C1 500 júnior (12.05 horas) e Martín Jácome en C1 500 sub-23 (12.50 horas). Pola tarde, Raúl Fernández e Antón Lagares farán o C2 500 júnior (15.55 horas) aos que seguirán Silvia Gago e Lara Remigio en C2 500 (16 horas) e á mesma hora Martín Jácome e Pedro Torrado, na categoría C2 500 sub-23.
A continuación, participarán Borja López e Miguel Blanco en K4 500 (16.25 horas); Óscar Allegue con Mauro Domínguez en K4 500 sub-23 (16.35 horas) estarán acompañados por Rubén García y Marcos Caballero; Natalia Moreira, Sofía Parada e Celia Llera, xunto a María Martínez, en K4 500 (16.50 horas); para fechar a xornada Yaiza Novo e Sara Durán en K4 500 sub-23 (16.55 horas).
4 e 6 de xullo
A competición continuará a sexta feira 4 de xullo coa galega Claudia Couto na categoría C1 200 sub-23 (15.15 horas) e Manuel Pousa en K1 200 sub-23 (16.05 horas).
Por último, o domingo 6 de xullo fecharase a participación galega coa presenza de Marta Castiñeiras que formará parella con Aitana Montilla na final directa da categoría C2 200 júnior (16.10 horas).
