A galega Melania Rodríguez, campioa do mundo en dobre minitramp

A ponteareá consegue o ouro en Inglaterra.

Hai dúas semanas subiu ao máis alto do podio en Inglaterra. (Foto: RFEG).
photo_camera (Foto: RFEG)

A galega Melania Rodríguez conseguiu esta fin de semana a medalla de ouro na proba de dobre minitramp dos Mundiais de trampolín, que se están disputando en Birmingham (Reino Unido).

A ximnasta de Ponteareas soubo resistir a presión dos seus rivais e acabou proclamándose campioa cunha puntuación de 26.3, polos 26.2 da estadounidense Aliah Raga e os 26.1 da tamén norteamericana Grace Harder.

Rodríguez (Ponteareas, 2001, que en anteriores ocasións lograra a prata e o bronce na modalidade de Mini Dobre Tramp, a súa gran especialidade, conquistou finalmente unha medalla de ouro.

A deportista adestra desde hai anos no Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra.

A galega competiu con gran seguridade e limpeza no seu salto. A gañadora dos World Games, coa súa pirueta barani en ferro para enlazar con mortal pirueta en ferro, conseguiu facerse coa máxima puntuación (26,300) e alzarse así co trono mundial.

Máis en DEPORTES
Comentarios