A galega Xulia Benedetti apunta a Toquio 2020 tras o bronce nos World Beach Games

A skater coruñesa, que con só 15 anos ocupa a 14ª posición no ranquing mundial, finaliza na terceira posición da categoría Women's Park nos Anoc World Beach Games de Doha e conta con moitas opcións de conseguir praza para os Xogos Olímpicos.

 

Julia Benedetti Skater
photo_camera [Imaxe: COE] A 'skater' Xulia Benedetti

A galega Xulia Benedetti conquistou a medalla de bronce  na categoría de patinaxe na primeira edición dos Anoc World Beach Games, unha competición recoñecida oficialmente polo Comité Olímpico Internacional e que reuniu ao mellor dos deportes de auga, praia e acción na localidade de qatarí de Doha.

Con tan só 15 anos, Benedetti subiu ao podio na categoría Women’s Park tras obter unha puntuación de 24’99, sendo superada tan só polas xaponesas Kihana Owaga e Sakura Yosozumi, prata e ouro respectivamente.

A skater coruñesa, que milita no club Maroña Indoor de Nostián, engade así un novo recoñecemento ao seu título de campioa de España, consolídase na elite dos riders -como certifica a súa 14ª posición no ranquing mundial- e apunta aos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, onde o skateboarding será un dos novos deportes.

Comentarios