Fútbol gaélico: As seleccións nacionais de Galiza e Irlanda enfrontaranse en Compostela

O sábado 31 de outubro desputarase no campo das Cancelas, na capital galega, os encontros das seleccións feminina e masculina.

Selección fútbol gaélico
photo_camera Selección fútbol gaélico

A selección galega de fútbol gaélico volve ao campo. Aínda co sabor nos beizos da experiencia do mundial desputado en Dubai, e coa vista posta no mundial de Dublín de 2016, o combinado nacional saltará este sábado ao campo de xogo para se enfrontar aos verdadeiros reis deste deporte, Irlanda.

A cita vai ser o sábado, 31 de outubro, en Santiago de Compostela, no campo das Cancelas, que quer convertirse nun fortín do equipo do país de Breogán para tentar derrotar ao equipo do País de Cu Chulainn. O primeiro partido será o das seleccións femininas, ás 18:00 horas. Hora e media despois (19:30), decorrerá o xogo dos combinados masculinos.

A entrada será de balde, para facilitar a asistencia. A Asociación Galega de Fútbol Gaélico convida e anima a todas e todos a acudir e amosar deste xeito o seu apoio ás seleccións galegas. 

O fútbol gaélico, de recente chegada a Galiza, está a se expandir ao longo e ancho do país, abrollando novos equipos en diferentes comarcas, nunha dinámica que mesmo sorprendeu en Europa entre os afeccionados a este deporte.

Inicios

Como lembra a propia asociacioón, "a historia comeza en Ferrolterra, no campo do Cadaval de Narón, o 20 de xullo do 2012. Nese día, rodeados de eucaliptos e fieitos entre os cales aínda debe estar algún dos balóns, debutou a Selección Galega Masculina cunha emocionante vitoria fronte a Bretaña por 5-08 (23) a 3-08 (17)"

Comentarios