A Fiscalía pide a imputación polo asasinato de 'Jimmy' dos ultras excarcerados

Catro deles ficaron en liberdade por decisión xudicial

jimmy-crop

A Fiscalía solicitou ao xuíz que investiga o asasinato de Francisco Javier Romero, 'Jimmy', que cite como investigados por homicidio e tentativa de homicidio os ultras do Atlético de Madrid que inicialmente foron detidos pola Policía e posteriormente excarcerados. A Fiscalía solicitou ao maxistrado que a causa se divida en tres partes: unha referida á lea multitudinaria e tenza ilícita de armas; outra que atinxa o asasinato do seareiro deportivista; e unha terceira sobre o intentio de homicidio e lesións sufridas por outro afeccionado do Dépor, que guindaron ao Manzanares. Reclama que se cite como investigadas a cinco persoas.

Catro delas foron sinalados pola Policía como autores da morte de Jimmy e ficaron posteriormente en liberdade por decisión xudicial. A quinta, sería unha persoa imlicadsa na lea. A axencia Efe sinala que o xuíz non rexeitou a solicitude, senón que solicitou aos afectados que aleguen o que entendan e consideren oportuno.

Comentarios