Fernando Vázquez defende a recuperación da selección galega

O adestrador do Deportivo da Coruña afirmou, nun almorzo coa prensa, que "“sei que non hai cartos mais facer un partido ao ano da selección galega non me parece tanto". O de Castrofeito adestrara, con Arsenio Iglesias, o combinado nacional

Arsenio Iglesias, Fernando Vázquez
photo_camera Arsenio Iglesias, Fernando Vázquez

O adestrador do Deportivo da Coruña afirmou, nun almorzo coa prensa deportiva, que "“sei que non hai cartos mais facer un partido ao ano da selección galega non me parece tanto". Unha frase coa que o de Castrofeito apunta que estaría a prol de recuperar a selección de Galiza. Vázquez adestrara, con Arsenio Iglesias, o combinado nacional. Fernando Vázquez fixo estas declaracións, horas despois de ser presentado oficialmente como treinador do Dépor para as vindeiras dúas temporadas.

Nese mesmo encontro coa prensa, o adestrador do Dépor afirmou que "o de máis coruñeses e menos portugueses foi un grito feo, aínda que o número fora excesivo”

O adestrador do Deportivo tamén afirmou que "o de máis coruñeses e menos portugueses foi un berro feo"

Fernando Vázquez foi presentado oficialmente como o adestrador do Deportivo da Coruña para as vindeiras dúas temporadas, con opción dunha máis de conseguir o ascenso. O de Castrofeito, coa responsabilidade de pilotar o Dépor nunha travesía por Segunda que quere o máis breve posíbel, mantén a súa aposta na canteira, sen que iso merme as aspiracións de subir.

"Todo o mundo debe saber que ten a porta aberta para xogar no primeiro equipo do Dépor"

"Nós queremos ascender o ano que vén... se e posíbel", manifestou Vázquez, que afirmou que “queremos apostar nun proxecto mixto entre canteira e novas fichaxes para ascender este mesmo ano". E o adestrador ten claro que a aposta na canteira non debe ser un salto ao baleiro, mais tampouco circunstancial e curto-pracista: ''Ogallá dentro dun par de anos máis de medio plantel sexa canteiráns”

Nomes

“Todo o mundo debe saber que ten a porta aberta para xogar no primeiro equipo do Dépor”, manifestou o adestrador, que mostrou o seu convencemento de que xogadores como Teles, Lemos e Ínsua “van dar un nivel impresionante”. Iso si, nas fichaxes, “hai que gastar ben os cartos. Con 19 xogadores e 2 porteiros abondaría”.

“O Dépor vai ser un dos cinco ou seis equipos que loitarán até o final para subir”, manifestou Fernando Vázquez, que calcula que vai facer falla meter 60 goles para poder ascender

Comentarios