Expourense recibe a Liga Abanca e o Estatal de Probas Combinadas

Celta e Ximnástica de Pontevedra serán da partida na Cidade das Burgas.
A ouro paralímpica en Toquio, Susana Rodríguez (dereita), coa súa guía (Foto: EP).
photo_camera A ouro paralímpica en Toquio, Susana Rodríguez (dereita), coa súa guía (Foto: EP).

Intensísima fin de semana deportiva a que se desenvolverá na pista cuberta de Expourense, que acollerá dúas probas atléticas de primeiro nivel.

Para abrir boca, durante este sábado e este domingo levarase a cabo o Campionato Autonómico de pista cuberta de Probas Combinadas, no que se congregarán un total de 18 equipos. Galiza estará representada por Atletismo Feminino Celta e Sociedade Ximnástica de Pontevedra -na categoría masculina-, e a título individual o país contará coa participación das últimas gañadoras desta proba, as atletas internacionais Eva Queimaño (Súper Amara) e Adolfo Sáinz (Celta).

O mellor do deporte base 

O domingo o Estatal de Probas Combinadas coincidirá no recinto da Cidade das Burgas coa fase final da novena edición da Liga Abanca por clubs nas categorías Sub-10, Sub-12 e Sub-14, que agarda reunir un total de 73 formacións diferentes.

Entre elas destacan os clubs do Adas Proinor, Ourense Atletismo, Sociedad Ximnástica de Pontevedra, Atletismo Sada e o Club A Purísima, quen presentan equipos en todas as categorías.

Esta Liga desenvolverase en formato de dobre xornada, competindo pola mañá as Sub-10 e as Sub-12 para facelo xa pola tarde as Sub-14. 

Susana Rodríguez, filla predilecta de Mondoñedo

A deportista Susana Rodríguez, medalla de ouro paralímpica nos Xogos Olímpicos en Toquio 2020, será distinguida no día de hoxe co título de filla predilecta da vila de Mondoñedo, no marco dunha intensa xornada deportiva organizada polo Concello e a Federación Galega de Atletismo.

Así, hora e media antes do acto, previsto para as 12.30, terá lugar unha palestra na que participarán a propia Susana, o seu adestrador (Luís Piña), o técnico Ramón Troncoso e o seu guía, Celso.

Comentarios