Enya Rodríguez e Anahí Álvarez triunfan no Galego de 'Free Skating'

A proba estivo organizada polo Club Patinaxe Ribeira no pavillón de Sirves.
A subcampioa, Anahí Álvarez, posa coa súa medalla prata. (Foto: Nós Diario).
photo_camera A subcampioa, Anahí Álvarez, posa coa súa medalla prata. (Foto: Nós Diario).

O Campionato Galego Cadete-Sénior Libre e Solo Dance en categoría Nacional, deixou grandes momentos.

Organizado polo Club Patinaxe Ribeira no pavillón de Sirves, deparou o triunfo de Enya Rodríguez e da tomiñesa Anahí Álvarez, que ocuparon a primeira e a segunda posición, respectivamente, na categoría de Free Skating Ladies Júnior.

Ademais dos éxitos destas dúas deportistas -que competirán o vindeiro día 13 de decembro no Campionato de España-, tamén brillaron Amina Fernández e Xosé Andrés Cruz, campioas feminina e masculino na categoría Júnior.

Por outra banda, en Solo Dance María Bilbao e Iria Cano fixéronse cos dous primeiros postos na categoría Sénior, mentres que na Júnior a vitoria recaeu, de novo, en Enya Rodríguez

Comentarios