sábado 23/01/21

O Deportivo rescinde o contrato con Fernando Vázquez

O Club Deportivo da Coruña cancelou, na xornada de hoxe, o contrato que vencellaba a institución futbolística e o adestrador Fernando Vázquez.
Fernando Vázquez. (Foto: R. C. Deportivo)
Fernando Vázquez. (Foto: R. C. Deportivo)

O Consello de Administración do Real Club Deportivo comunicoulle este mediodía ao seu técnico, Fernando Vázquez, que non continuará dirixindo o equipo, rescindindo deste modo o contrato que vincula a ambas partes.

Xunto ao adestrador de Castrofeito tampouco continuará no Club o seu corpo técnico.

O Consello de Administración do Deportivo publicou na súa web un agradecemento “sincero a Fernando e ao seu equipo” polo duro traballo desenvolvido nesta segunda etapa á fronte do conxunto deportivista.

 Logo de ter aceptado, recalcan desde a dirección, o “reto maiúsculo hai un ano de tratar de salvar a situación na que se atopaba a institución e telo feito antepondo en todo momento a ilusión, a motivación e a unión de todo o deportivismo fronte ás dificultades que se foron sucedendo.

comentarios