Perde por 4-3 na Rosaleda

O Dépor suma a sexta xornada sen coñecer a vitoria

O Deportivo perdeu este sábado no estadio da Rosaleda por 4 goles a 3 nun partido frenético que deixa moi tocados os coruñeses, que xa se atopan ao bordo do descenso.

Os coruñeses adiantáronse no partido grazas ao tanto de Borges de penalti despois dun derribo de Ricca a Bruno Gama. Porén, minutos máis tarde Borges agarraba Michael Santos e provocaba un novo penalti que igualaría o encontro.

Antes de chegar ao descanso, Sandro adiantaba os locais cun lanzamento de falta que colocaba na escuadra. Á volta do descanso, no minuto 56, Michael Santos parecía sentenciar o partido co 3-1 a favor dos malagueños, mais o Dépor conseguía marcar cun cabezazo de Andone e Borger facía o propio tras un centro de Juanfran.

Cando todo apuntaba a un empate, Ontiveros saíu cun forte disparo con perna dereita desde fóra da área ante o que nada puido facer Przemyslaw Tyton.

Málaga CF: Kameni, Mikel Camacho, Santos (Ontiveros, min. 73), Juanpi, Chory, Ricca, Rosales, Sandro (En-Nesyri, min. 53), Torres e Fornals (Duda, min. 86).

RC Deportivo: Tytoń, Juanfran, Albentosa, Sidnei, Luisinho, Borges, Guilherme, Bruno Gama (Çolak, min. 92), Fayçal (Carles Gil, min. 68), Marlos (Mosquera, min 90) e Andone.

Goles: 0-1 Borges (min. 3); 1-1 Santos (min. 21); 2-1 Sandro (min. 40); 3-1 Santos (min. 56); 3-2 Andone (min. 72); 3-3 Borges (min. 81); 4-3 Ontiveros (min. 92)

Árbitro: Vicandi Garrido (C. Vasco). Amoestou Luisinho (min. 9), Juanpi (min. 76), Camacho (min. 78) e Ontiveros (min. 92)