Convocan o celtismo a apoiar no partido contra o Girona o dereito dos cataláns a votar o 1-O

Concentración esta sexta feira, unha hora antes do inicio do encontro, perto de Balaídos

aficion_balaidos_celta

A través de redes sociais e whatsApp estase convocar o celtismo a amosar esta sexta feira, día na que o Celta se enfronta ao Girona, o apoio á democracia e o dereito dos cataláns e das catalás a vota no referendo do 1-O.  Nas mensaxes chámase a acudir a unha concentración nas proximidades do Luar, a pé de Balaídos, ás 20:00 horas, unha hora antes de que comece o encontro contra a equipa xerundense.

celta catalunya

Ademais, tamén se fai un chamamento á afección celeste a que, cando chegue o minuto 17 do partido, se coree ‘Votarem, unha acción que se repetiría no minuto 17 da segunda metade (min. 62 do encontro). Con esta iniciativa quer tramsitirse apoio e solidariedade para co pobo catalán e o seu dereito a exercer este domingo o dereito de autodeterminación.

A solidariedade co 1-O tivo reflexos estes días en diversos campos de fútbol, como San Mamés (Athletic de Bilbao) ou Mendizorroza (Alavés), onde os afeccionados realizaron diversas accións para que se visibilizase o apoio a que os cataláns e as catalás poidan votar no refrendo convocado pola Generalitat. 

Comentarios