A cidadanía mobilízase contra as salas de apostas deportivas

A Plataforma Fóra Casas de Apostas, chama á mobilización reclamando a súa "eliminación total", e anuncia unha manifestación para o día 14, primeiro ás 19.30 horas ante a sala de apostas da Praza de Pontevedra e logo na Praza de Portugal, coincidindo co partido do Deportivo que se disputará ás 21 horas

apostas
photo_camera Interior dunha sala de apostas deportivas (Foto: Nós Diario).

A cidade da Coruña ten unha ratio dun salón de apostas deportivas por cada 10.500 persoas, moi por riba da media galega dun por cada 17.000 e da estatal dun por cada 12.000, segundo datos da propia patronal, que pese a todo afirma que aínda "hai percorrido" para abrir máis locais de xogo.

E todo iso sen contar os 166 terminais de apostas instala-dos en bares, cafetarías e zonas de ocio esparexidas polos diferentes barrios da cidade. Por iso a cidadanía, organizada arredor da Plataforma Fóra Casas de Apostas, chama á mobilización reclamando a súa "eliminación total".

A sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda acolleu durante a xornada de onte a presentación desta iniciativa, que considera que as "propostas reformistas" son "insuficientes" e que o único que fan é "naturalizar o xogo". Fóra Casas de Apostas defende a "eliminación de todos os estabelecementos de xogo, tanto físicos como virtuais", e apunta ao desenvolvemento de futuras accións de concienciación e relacionadas co ocio "para que a mocidade non se refuxie só en actividades vinculadas co consumo".

Ademais, anuncia unha manifestación para o día 14, primeiro ás 19.30 horas ante a sala de apostas da Praza de Pontevedra e logo na Praza de Portugal, coincidindo co partido do Deportivo que se disputará ás 21 horas.A plataforma considera que chegou a hora de "actuar" ante esta situación de crecemento exponencial, no que o sector ve como os seus beneficios "aumentan arredor de 25-30% anualmente" -segundo o doutor en Psicoloxía Social da USC Antonio Rial-, un ritmo similar ao número de persoas, especialmente menores, que se introducen no xogo

Comentarios