O Celta deixa fuxir dous puntos ante o Granada (1-1)

O equipo celeste, que se adiantou cun tanto de Rafinha, desaproveitou un bo feixe de ocasións de gol. Piti empatou para os andaluces. O Celta xogou a un gran nivel, mais faltoulle a sorte no disparo. 

Rafinha, Celta

O Celta deixou fuxir dous puntos en Balaídos. Regalou o empate ao Granada, equipo que nos 90 minutos apenas tivo máis que unha oportunidade, e aproveitouna, cun gol de Piti. Os celestes comezaron adiantándose no minuto 29 cun gol de Rafinha. Mais non sentenciou. Malia dominar e ter unha manchea de ocasións, non foi quen de concretalas. O balance de Liga son dous empates (ambos en Balaídos) e unha vitoria (fóra, no campo do Betis). Ten o Celta 5 puntos dos 9 posíbeis.

A armada celeste que saíu inicialmente estivo composta por Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Aurtenetxe, Toni; Fontás, Álex López, Rafinha; Augusto, Nolito e Charles. Sorprendeu a non aliñación de Krohn-Dehli e Cabral. Mais os celestes xogaron moi ben os 90 munitos, incluso a nivel físico. 

Comentarios