Foi dúas veces por detrás no taboleiro de marcas

O Celta nunca lle virou a cara ao xogo e conseguiu un valioso empate no Benito Villamarín

Adiantouse o Celta con gol de Aspas no minuto 15, mais despois acabou cedendo perante os locais, que se puxeron até dúas veces por diante no taboleiro de marcas. O Celta nunca deixou de crer nas súas opcións. Roncaglia selou o 3-3 definitivo, no minuto 84.

Betis-Celta. 3 de decembro de 2016.
photo_camera Un lance do xogo.

Marcar tres goles fóra de casa non é doado. Facelo e non sumar os tres pontos, tampouco é frecuente (hai ben pouco o Dépor fixo 3 e veu de baleiro de Málaga). O caso é que o Benito Villamarín foi testemuña dun partido vibrante, con alternativas, e moitas chegadas á area rival. Un festín para o público. Tamén para Aspas, no mellor momento da tempada. O dianteiro de Moaña sumou dous novos goles -o segundo, de fasquía espléndida- e confírmase como o futbolista franquicia da equipa galega.

En xeral, e nomeadamente na primeira metade, a posesión da bola foi celeste. Mais o Betis mostrouse como o que é, unha equipa aguerrida á que no se lle pode dar nen un milímetro de marxe. O xogo foi unha inter-troca de golpes, con especial protagonismo para as bolas paradas. Así chegaron dous goles locais -un deles, de penalti- e así chegou tamén o 3-3 definitivo, nun córner rematado a gol por Roncaglia.

Iago Aspas sumou dous novos goles -o segundo, de fasquía espléndida- e confírmase como o futbolista franquicia da equipa galega

Betis: Adán, Cejudo, Bruno (Navarro, min.46), Pezzella, José Carlos, Durmisi, Donk (Gutiérrez, min.70), Petros, Ceballos, Sanabria (Joaquín, min.62) e Rubén Castro

RC Celta: Rubén, Roncaglia, Cabral, Fontás, Jonny, Radoja (Orellana, min.52), Marcelo Díaz (Sisto, min.86), Pablo Hernández, Wass, Bongonda (Rossi, min.83) y Iago Aspas

Goles: 0-1, min.15: Iago Aspas; 1-1, Rubén Castro, de penalti; 2-1, min.52: Sanabria; 2-2, min.61: Iago Aspas; 3-2, min.72: Pezzela; 3-3, min.84: Roncaglia

Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano. Expulsou con duplo cartón amarelo a Petros (91’) e amoestou a Donk, Sanabria, Gutiérrez, Pezzela, Cabral

Campo: Benito Villamarín

Comentarios