2-1

O Celta cae en Valladolid e saltan as alarmas

Dous goles do Valladolid veñen de acender todas as alarmas no Celta de Vigo. Coa súa derrota este domingo, e a falta de se completaren todos os partidos da xornada, sitúanse cuartos pola cola. O descenso xa non é unha posibilidade remota.
 

valladolid celta 27 xaneiro
photo_camera Imaxe do Valladolid Celta do 27 de xaneiro de 2019. Foto: Celta de Vigo.

Malia que os de Vigo se adiantaron no marcador no minuto 16 cun gol de Pione Sisto -un zurdazo- como resultado do seu dominio do esférico, o Valladolid, na actualidade na metade da táboa, deulle a volta ao encontro.

E é que a partir do gol do Celta o partido igualouse. De feito, ambos os dous equipos chegaron con perigo en varias ocasións. Na segunda parte, os de Pucela asumiron o mando.

Un disparo de Óscar Plano case supuxo o empate, pero Rubén atallou o esfético. No minuto dez da segunda metade, porén, chegou o 1-1. Marcou, desta volta, si Plano. No minuto 68 Keko asegurou os tres puntos para os casteláns.

O Celta de Vigo esforzouse no derradeiro tramo por recuperar a iniciativa. A fortuna non lle sorriu e a súa caída na clasificación non se detivo. Foi a quinta derrota consecutiva dos de Cardoso. As alarmas soan con potencia en Vigo.

Ficha técnica


2 Real Valladolid: Masip; Antoñito, Kiko Olivas, Calero, Nacho; Keko (Borja, min 82), Alcaraz, Míchel (Anuar, min 88), Toni Villa (Verde, min 68); Óscar Plano e Guardiola.

1 RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Araujo, Hoedt, Juncá; Lobotka (Hjulsager, min 74), Jozabed (Apeh, min 82); Pione Sisto (Beltrán, min 57), Brais Méndez, Boufal; e Maxi.

Goles: 0-1, Pione Sisto, min 16; 1-1, Plano, min 55; 2-1, Keko, min 68.

Árbitro: Sánchez Martínez. Amoestou a Toni Villa, Míchel (Real Valladolid) e Hugo Mallo, Hoedt (expulsado por dobre amarelo), Boufal, Juncá (RC Celta).

Campo: Estadio Municipal José Zorrilla.

Comentarios