Cabo mete a bordo a primeira cita das traiñeiras galegas en 2018

Os da Barbanza impuxéronse con contundencia no Memorial ‘Pepe O Ruso’, Bueu, e xa levan dúas de dúas nas regatas da pre-tempada galega.

Cabo traiñeiras remo Imaxe Maider Celada ACT
photo_camera Imaxe Maider Celada ACT

Cabo de Cruz impúxose con claridade esta fin de semana na primeira regata do ano e segunda da pre-tempada, o III Memorial ‘Pepe o Ruso’ de Bueu. Os de Cabo marcaron un tempo de 20:22:91, sacando 13 segundos de vantaxe aos segundos clasificados, Bueu, e 20 aos terceiros, Samertolameu de Meira.

Nesta proba competiron 26 traiñeiras de diferentes clubs de Galiza. A embarcación de Cabo xa gañara este memorial o ano pasado, uha proba que na súa primeira edición (2016) foi para Tirán.

Os da Barbanza meten así a bordo a segunda competición da pre-tempada en Galiza após lograr en decembro a vitoria no V Memorial Lagar, no Grove, onde marcaron un tempo de 20:50:10.

A Liga Galega de Traiñeiras (LGT) arrancará en xuño con todo un récord en embarcacións participantes. Un total de 21 embarcacións formalizaron o rexistro para participar na tempada 2018 da LGT, competición que ano tras ano aumenta en embarcacións competidoras e difusión. Destas 21 traiñeiras, 12 competirán na categoría A e 9 na B. Non debemos perder de  vista queo remo galego ademais dous representantes na elite da ACT (Tirán e Cabo de Cruz).

Comentarios