Betanzos coroará os novos campións das Ligas Galegas de Fútbol Sala

Escuadras da Coruña, Vigo ou Ferrol optan ao triunfo
Betanzos, capital do fútbol sala galego de base. O Pavillón Municipal de Betanzos albergará o próximo domingo, 14 de maio, as finais das Ligas Galegas de Fútbol Sala, un evento que reunirá os mellores equipos do país e que coroará os campións da tempada.
Distribuído por categorías de idade, abrirán xogo Viaxes Amarelle da Coruña e Poio Pescamar ás 10.30 horas para dilucidar quen levanta o título feminino infantil. Despois, ás 12, competirán polo Galego benxamín Ribeira e Cíos Vigo. Xa ás 13.15 Saraiba do Mar e IES Coruño optarán a subir ao máis alto do podio da modalidade pre benxamín. Pola tarde, será a quenda das cadetes femininas Escola Futsal Morrazo e Poio Pescamar (16 horas), dos e das alevíns IES Coruxo e Cíos Vigo (18 horas) e de Academia 5 Coruña e O Parrulo Fútbol Sala, que baixarán o pano ás 20 horas co común obxectivo de proclamarse novo campión infantil masculino.
Na presentación do evento, que tivo lugar no Concello de Betanzos e que contou coa presenza da alcaldesa de Betanzos, María Barral; o concelleiro de Deportes, Andrés Teijo Hermida; o presidente do club anfitrión (Troula Betanzos FS) e colaborador na organización, Luis Carro; e o vicepresidente e máximo responsábel do fútbol sala na Galiza, Pablo Prieto, este último destacou que as escuadras vencedoras "obterán un boleto para participar no Campionato de España".

O Parrulo Ferrol busca #OCamiñoDePrimeira
Sen saír do fútbol sala, pero saltando á categoría sénior masculina, O Parrulo Ferrol, que vén de clasificarse para un play-off no que aspira a regresar á máxima categoría, lanzou nas redes a campaña #OCamiñoDePrimeira, coa que pretende obter un maior apoio económico por parte das empresas da comarca. (Foto: Poio Pescamar).
photo_camera Os partidos serán o domingo 14 (Foto: Poio Pescamar).

Betanzos, capital do fútbol sala galego de base. O Pavillón Municipal de Betanzos albergará o próximo domingo, 14 de maio, as finais das Ligas Galegas de Fútbol Sala, un evento que reunirá os mellores equipos do país e que coroará os campións da tempada.

Distribuído por categorías de idade, abrirán xogo Viaxes Amarelle da Coruña e Poio Pescamar ás 10.30 horas para dilucidar quen levanta o título feminino infantil.

Despois, ás 12, competirán polo Galego benxamín Ribeira e Cíos Vigo. Xa ás 13.15 Saraiba do Mar e IES Coruño optarán a subir ao máis alto do podio da modalidade pre benxamín.

Pola tarde, será a quenda das cadetes femininas Escola Futsal Morrazo e Poio Pescamar (16 horas), dos e das alevíns IES Coruxo e Cíos Vigo (18 horas) e de Academia 5 Coruña e O Parrulo Fútbol Sala, que baixarán o pano ás 20 horas co común obxectivo de proclamarse novo campión infantil masculino.

Na presentación do evento, que tivo lugar no Concello de Betanzos e que contou coa presenza da alcaldesa de Betanzos, María Barral; o concelleiro de Deportes, Andrés Teijo Hermida; o presidente do club anfitrión (Troula Betanzos FS) e colaborador na organización, Luis Carro; e o vicepresidente e máximo responsábel do fútbol sala na Galiza, Pablo Prieto, este último destacou que as escuadras vencedoras "obterán un boleto para participar no Campionato de España".

O Parrulo Ferrol busca #OCamiñoDePrimeira

Sen saír do fútbol sala, pero saltando á categoría sénior masculina, O Parrulo Ferrol, que vén de clasificarse para un play-off no que aspira a regresar á máxima categoría, lanzou nas redes a campaña #OCamiñoDePrimeira, coa que pretende obter un maior apoio económico por parte das empresas da comarca.

Máis en DEPORTES
Comentarios