Ana Peleteiro segue a medrar

Logra o sexto posto na final de triple salto no Mundial de Doha, Qatar, avanzando un lugar en relación á cita mundialista de Londres.

ATLETISMO: Campeonato del Mundo Absoluto al Aire Libre. Estadio Internacional Khalifa,  Doha (Qatar) 27-09-2019 al 06-10-2019.
Triple salto mujeres calificacion: Ana PELETEIRO.  
FOTO/PHOTO: J. A. MIGUELEZ.
photo_camera Foto: RFEA / J.A. Miguelez

Ana Peleteiro meteuse na final de triple salto do Mundial de Doha e competiu con outras 12 atletas por unha das tres medallas. Non puido ser mais co 14,47 metros do seu primeiro salto logrou acabar en sexta praza, avanzando unha a respecto da súa clasificación na anterior cita mundialista, en Londres. Unha praza de finalista que é a segunda asinada por unha galega na competición que decorre en Qatar: a outra foi para Adrián Ben.

 “Non estou feliz mais si satisfeita. Creo que hoxe aprendín moito para lograr un mellor resultado en Tokio 2020”

No seu primeiro salto marcou 14,47, unha distancia que xa non puido mellorar en ningún dos seus outros cinco saltos na final. “Non estou feliz mais si satisfeita”, dixo a ribeirense unha vez finalizada a proba. “Creo que hoxe aprendín moito para lograr un mellor resultado en Tokio 2020”.

Peleteiro, vixente campioa de Europa, ficou a 16 centímetros do bronce, que acadou a colombiana Ibaguen. A prata conquistouna a xamaicana Shanieka Ricketts e o ouro para unha imbatíbel Yulimar Rojas. A venezuelana fixo 15,37 metros.

Comentarios