FÚTBOL

Un amaño tería propiciado o descenso do Deportivo en 2011

A revista Interviú publica que os xogadores do Zaragoza pagáronlle un millón de euros aos do Levante pola vitoria que lles permitiu manter a categoría, que perderon os coruñeses.

O Zaragoza celebrando un gol na tempada 10/11.
photo_camera O Zaragoza celebrando un gol na tempada 10/11.

As sospeitas que acompañaron nos últimos anos as salvacións do Real Zaragoza -até que neste último curso perdeu a categoría- parecen confirmarse dentro das moitas noticias de investigacións sobre partidos amañados que acompaña ultimamente ao fútbol estatal. Así, a revista Interviú publica este luns que algúns xogadores do Real Zaragoza pagaron un millón de euros aos do Levante por deixarse perder no último encontro da Liga 2010/2011, o que provocou o descenso do Deportivo.

Os coruñeses caeron 0-2 no seu partido en Riazor ante o Valencia mentres que xusto nesa cidade o Zaragoza vencía 1-2 ao Levante con dous tantos de Gaby, o capitán e polo tanto voz máis autorizada do vestiario aragonés. Segundo Interviu, a prima por conservar a categoría foi o prezo que pagou o club maño para asegurar ese resultado. Pola súa parte, o Levante está a ser investigado polo seu comportamento na última Liga, precisamente nos seus encontros con Deportivo e Celta.

Comentarios