A vitoria de Osasuna sobre o Zaragoza coloca as equipas galegas máis lonxe da salvación

4 e 8 pontos. Esa é a distancia que neste momento separa Celta e Deportivo da permanencia na Primeira División, após a vitoria este sábado de Osasuna perante o Zaragoza (1-0).

Celta suma 20 pontos despois de 24 partidos. Está a 4 do Zaragoza, que agora marca a fronteira entre a Primeira e a Segunda División. 4 pontos son unha vitoria e un empate. Fican 14 encontros por diante. É unha distancia obxectivamente salvábel.

Muito pior teno o Deportivo, con só 16 pontos. Fernando Vázquez apañou a equipa a 6 da salvación. Agora está a 8.

Comentarios