FÚTBOL

A festa do ascenso terá que esperar

O Dépor perde por 3 goles a 2 diante do Xerez e deixa fuxir a posibilidade de volver a primeira o mesmo día en que se cumprían 365 días do descenso

A festa do ascenso terá que agardar. O Dépor caeu este domingo diante do Xerez cando se cumprían xustamente 365 días do descenso a segunda, e diante dunha boa oportunidade para festexar o ascenso.

Dous goles de Maldonado e un de Mendoza frustraron as ansias de celebración d@s seareir@s branquiazuis, a pesar dos dous tantos que Lassad anotou para o conxunto coruñés. A tres xornadas do final da Liga, o Dépor mantén 4 puntos de diferenza sobre o Celta, segundo na táboa.

Comentarios