16 deportistas da Galiza viaxarán ao Campionato Mundial de Piragüismo
A canle italiana de Idroscalo (Milán) acollerá desde esta cuarat feirao Campionato do Mundo de Piragüismo en Sprint e Paracanoe 2025, con Galiza como unha das protagonistas con 16 deportistas na modalidade sprint e tres na modalidade de paracanoe.
Será a cita da polémica creada pola Real Federación Española de Piragüismo (RFEP) ao rexeitar a participación de Carlos Arévalo en K1 200 e non poder ir tampouco no seu lugar Iván Fernández por un accidente doméstico.
Así, na modalidade de caiac masculino viaxará Roi Rodríguez (Kaiak Tudense) no K1 1.000. Nos K4 500 masculino, estarán Carlos Arévalo e Rodrigo Germade (Fluvial de Lugo) que debutarán xunto a Adrián del Río e Álex Graneri.
No que ten que ver co caiac feminino, Estefanía Fernández (Fluvial de Lugo) afronta un programa exixente -K1 5000, K2 500 e K4 500- competirá na proba de K2 500 metros xunto a Begoña Lazcano. Tamén competirá xunto a Sara Ouzande, Lucía Val (Piragüismo Rías Baixas) e Bárbara Pardo, desta vez no K4 feminino.
Canoa e paracanoe
En canoa masculina, a principal opción é Pablo Graña (Rodeira de Cangas) en C1 200, Pablo Crespo (E.P. Cidade de Pontevedra) en C1 1.000 e Jaime Duro (Cidade de Pontevedra) eb C1 5.000. Tamén hai espectativa en Manuel Fontán (O Muiño) en C1 500. Nas embarcacións de equipo, Diego Domínguez (Breogán do Grove) integra o C2 500 con Joan A. Moreno. Mentres o C4 500 contará con Martín Jácome (Cidade de Pontevedra), Fontán, Adrián Sieiro (O Muiño) e Daniel Grijalba.
Na modalidade de canoa feminina, Claudia Couto (Cidade de Pontevedra) dobra presenza en C2 200 -con Elena Gómez-Millán- e C4 500, neste caso xunto a Valeria Oliveira (Poio Conservas-Pescamar), María Corbera e Ana Canteiro.
En Paracanoe, garante a presenza galega en Italia María Araceli Menduiña (Ría de Aldán), Adrián Mosquera (Rías Baixas-Boiro) e David González (Kaiak Tudense).

