Xurxo Souto e Suso Fernández recibirán a "navalla de Manuel María"

Manuel María con Xurxo Souto, en 2004. (Foto: Cedida)
Os actos de lembranza do poeta chairego decorrerán o vindeiro 8 de setembro

Como vén sendo tradicional, chegado o día 8 de setembro, a Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos organizan unha xornada homenaxe ao poeta chairego coincidindo coa data do seu pasamento.

O acto comeza ás 14.30 horas cun xantar de irmandade, ao que seguirá, ás 17 horas, un recital poético no emblemático lugar de Penas de Rodas, no seu Outeiro de Rei natal (comarca de Lugo).

Ás 18 horas levaráselle unha rosa ao cemiterio da localidade, onde foi enterrado Manuel María.

Rematando a homenaxe, ás 18.30 horas desenvolverase o “rito das navallas” como lembranza deses obxectos persoais que gardaba o intelectual chairego.

Este ano recibirán a homenaxe da Navalla de Manuel María o músico e comunicador Xurxo Souto e Suso Fernández, da libraría Bahía de Foz (A Mariña).