Xosé Vizoso protagoniza o Encontro Galego de Ilustración

Xosé Vizoso, un dos deseñadores máis representativos de Sargadelos, protagonizará o XIII Encontro Galego de Ilustración, unha cita de referencia para creadores gráficos e profesionais da ilustración do país.

95d1c186-ac9a-4d83-b7ba-9576f4dd1aa9_zpsahlhf1b7

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza este sábado no CGAC (Santiago de Compostela) o XIII Encontro Galego de Ilustración, unha xornada que protagonizará Xosé Vizoso, un dos deseñadores máis representativos de Sargadelos, que fará  un percorrido pola súa traxectoria. Ilustrador, cartelista e deseñador, ofrecerá unha conferencia con entrada de balde ás 13h. Previamente, terá lugar a palestra do madrileño Ignacio F. Maroto, BambinoMonkey.

Con esta xornada, a AGPI, da que fan parte máis de 120 ilustradores e ilustradoras, pretende reflexionar arredor do presente e do futuro da ilustración e darlle visibilidade á ilustración como un activo importante da cultura, da creación e da comunicación contemporáneas.

Comentarios