Xoel López, o mellor nos Premios da Música Independente
O indie Xoel López é o grande gañador dos Premios da Música Independente como mellor artista e mellor disco de canción de autor por “Atlántico”.
O galego Xoel López impúxose a candidaturas como Antònia Font, John Talabot, Sr. Chinarro ou Niños Mutantes nos Premios da Música Independente ao conseguir os dous principais galardóns, mellor artista e mellor disco de canción de autor.
Nunha gala presentada por Leo Bassi, o galego recolleu os dous recoñecementos despois de ser escollido por votación popular entre os finalistas propostos por un grupo de persoas especialistas do ámbito.
Curiel magnético
O galego Xoel López, antes Deluxe, venceu nos premios para traballos publicados en selos independentes co seu álbum Atlántico, que fai a ducia na súa traxectoria musical.
En canto mellor disco galego, o premio foi para Xoán Curiel e o seu “Magnético Zen”.