Xavier Queipo gaña o premio de poesía erótica Illas Sisargas por “O Home Invisíbel"

O xuri destaca a coidada escrita e a destreza coa que o autor fornece “unha intensa e heterodoxa” carga erótica”.

Xavier Queipo (foto Cé Tomé)
photo_camera Xavier Queipo

O escritor e colaborador de Sermos Galiza Xavier Queipo acaba de ser distinguido co XI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas por un poemario intitulado O Home Invisíbel.

O xuri do certame reuniuse na Coruña a pasada sexta feira e estivo composto por, na súa calidade de presidente, Francisco Souto, secretario da asociación cultural Caldeirón, ben como polo gañador da edición anterior, Mario J. Herrero, e por Antón Lois Noceda, animador sociocultural do concello de Malpica, que actuou como secretario.

Un total de 19 obras concorreron a este premio.

O fallo do xuri foi emitido por unanimidade e nel valorouse “a perfeita estructura do libro con elementos recurrentes en formación de bucle. Así como o coidado uso da lingua a fornecer unha intensa e heterodoxa carga erótica”.

Convocou este premio a asociación cultural Caldeirón, coa colaboración do concello de Malpica.

Comentarios