'María Solinha' estréase en Verín en formato autocine, con grande afluencia de público

Proxección de María Solinha en Verín (Vía Láctea).
Ignacio Vilar leva, de maneira pioneira, o cinema ao rural antes que á cidade
Logo de pasar por Redondela e Cangas, María Solinha estreouse o domingo en Verín en formato autocine, a primeira proxección deste formato feita na Galiza, segundo apunta a produtora. Con grande éxito de público, Vía Láctea pon os ollos nas próximas proxeccións que en tres meses levarán o máis recente filme de Ignacio Vilar por máis de 100 concellos da Galiza, Castela e León e Portugal.