A veciña Divina Campos e a actriz María Bouzas, premiadas en Cans
A actriz María Bouzas será a figura recoñecida na próxima edición do Festival de Cans co seu maior galardón, o Premio Pedigree 2014. O “Premio Pepe Puime”, nova denominación, irá para a veciña Divina Campos e o actor e guionista Juan Ibáñez, de El Hormiguero.
Cans premia a unha das máis populares actrices galegas, María Bouzas e recoñece nesta edición de maneira especial a implicación da veciñanza da aldea na organización do Festival. En primeiro lugar, mudando o nome dos premios Chimpíns de Prata para “Premio Pepe Puime”, en lembranza dun dos veciños que máis se comprometeu no encontro audiovisual e que era máis coñecido polo público que cada ano asiste ao Festival. Cúmprese no mes de xuño vindeiro o primeiro cabodano do seu pasamento e desde a organización queren perpetuar a súa memoria dándolle o seu nome a un dos premios que cada ano entregan. “Foi moito máis que un condutor de chimpín nos días do festival. Desde semanas antes, axudaba en todo o que estaba ao seu alcance, dende cargar táboas e transportar pantallas, ata ás duras tarefas de desmontar todas as estruturas nos días seguintes ó festival. Colaborou sempre coa maior das ilusións e ofrecendo xenerosamente a súa bondade e simpatía”, destacan desde a organización.
O Pepe Puime para Divina
E a primeira galardoada co premio que leva o nome de Pepe Puime será outra veciña, Divina Campos, unha muller que con 82 anos é outra das protagonistas de Cans. Vendedora am
A sólida traxectoria de María Bouzas é a razón pola que a organización de Cans escolleu o eu nome para o Premio Pedigree 2014, o que lle permitirá á actriz deixar a súa pegada no Torreiro das Estrelas o mesmo que o fixeron anteriores galardoad@s como Manuel Manquiña, Antonio Durán Morris ou María Pujalte e da de visitantes ilustres como Luís Tosar, Isabel Coixet e Fernando León.
O de María Bouzas é un dos nomes de maior peso no mundo da interpretación na Galiza, cunha participación singular na consolidación do teatro profesional no país e pioneira tamén como personaxe nas series televisivas galegas, o que lle outorgou grande popularidade. A actriz, que foi a primeira presidenta da Academia Galega do Audiovisual, recollerá o galardón na noite do venres 23 de maio. Para a organización, a premiada “representa a unha xeración de actrices pioneiras no Centro Dramático Galego, na televisión e que abriron