A veciña Divina Campos e a actriz María Bouzas, premiadas en Cans

A actriz María Bouzas será a figura recoñecida na próxima edición do Festival de Cans co seu maior galardón, o Premio Pedigree 2014. O “Premio Pepe Puime”, nova denominación, irá para a veciña Divina Campos e o actor e guionista Juan Ibáñez, de El Hormiguero. 

Divina Campos
photo_camera Divina Campos

Cans premia a unha das máis populares actrices galegas, María Bouzas e recoñece nesta edición de maneira especial a implicación da veciñanza da aldea na organización do Festival. En primeiro lugar, mudando o nome dos premios Chimpíns de Prata para “Premio Pepe Puime”, en lembranza dun dos veciños que máis se comprometeu no encontro audiovisual e que era máis coñecido polo público que cada ano asiste ao Festival. Cúmprese no mes de xuño vindeiro o primeiro cabodano do seu pasamento e desde a organización queren perpetuar a súa memoria dándolle o seu nome a un dos premios que cada ano entregan. “Foi moito máis que un condutor de chimpín nos días do festival. Desde semanas antes, axudaba en todo o que estaba ao seu alcance, dende cargar táboas e transportar pantallas, ata ás duras tarefas de desmontar todas as estruturas nos días seguintes ó festival. Colaborou sempre coa maior das ilusións e ofrecendo xenerosamente a súa bondade e simpatía”, destacan desde a organización. 

O Pepe Puime para Divina 

E a primeira galardoada co premio que leva o nome de Pepe Puime será outra veciña, Divina Campos, unha muller que con 82 anos é outra das protagonistas de Cans. Vendedora ambulante, despois de se xubilar comezou a desenvolver unha intensa actividade creativa, desde tocar a pandeireta até escribir relatos ou pintar, ámbito este que mostra desde hai dous anos no festival coa mostra ExpoDivina que se abre na súa casa do barrio do Castillo. Divina Campos participou no xurado de Cans hai cinco anos o que lle abriu a posibilidade de se converter en comentarista de cine no magacín “A Revista” da TVG. Outro Pepe Puime irá para Juan Ibáñez, “Trancas”, de El Hormiguero. 

A sólida traxectoria de María Bouzas é a razón pola que a organización de Cans escolleu o eu nome para o Premio Pedigree 2014, o que lle permitirá á actriz deixar a súa pegada  no Torreiro das Estrelas o mesmo que o fixeron anteriores galardoad@s como  Manuel Manquiña, Antonio Durán Morris ou María Pujalte e da de visitantes ilustres como Luís Tosar, Isabel Coixet e Fernando León. 

 O de María Bouzas é un dos nomes de maior peso no mundo da interpretación na Galiza, cunha participación singular na consolidación do teatro profesional no país e pioneira tamén como personaxe nas series televisivas galegas, o que lle outorgou grande popularidade. A actriz, que foi a primeira presidenta da Academia Galega do Audiovisual, recollerá o galardón na noite do venres 23 de maio. Para a organización, a premiada “representa a unha xeración de actrices pioneiras no Centro Dramático Galego, na televisión e que abriron

Comentarios