Uxía, Berrogüetto e Carlos Núñez, no Celtic Connections de Escocia

Tres nomes de referencia da música galega participarán a semana próxima no Celtic Connections de Glasgow. Uxía, Berrogüetto e Carlos Núñez asistirán ao que está considerado como o máis relevante festival de música celta europeo.

Uxia
photo_camera Uxia

O dia 1 de febreiro, Uxía compartirá escenario no Celtic Connections con Cruinn e o día 3 con The Pozzies. Debuta nesta ocasión como solista despois de ter participado xa no 2006 no festival escocés tomando parte do espectáculo Harvest.

O Celtic Connections está considerado como o máis importante festival europeo de música celta e, nesta edición, contará coa participación de tres nomes de traxectoria consolidada dentro da música galega: Uxía, Carlos Núñez e Berrogüetto. “É importante que nos valoren e formemos parte do entramado do folk europeo. Creo que a presenza constante de artistas galegos no cartel significa un recoñecemento por parte deles da nosa boa calidade”, anota Uxía a respecto da participación galega no programa de Glasgow.

Comentarios